Temario OPE 2016/17

Ordenado por TEMARIO OPE Enfermería 2016/17

• Parte común.

Tema 1. A Constitución española: principios fundamentais, dereitos e deberes fundamentais dos españois. A protección da saúde na constitución.

Tema 2. Estatuto de autonomía de Galicia: estrutura e contido. O Parlamento. A Xunta e o seu presidente. A Administración pública galega.

Tema 3. A Lei xeral de sanidade: fundamentos e características. Competencias das administracións públicas en relación coa saúde. Dereitos e deberes dos usuarios do sistema sanitario público.

Tema 4. A Lei de saúde de Galicia: o sistema público de saúde de Galicia. Competencias sanitarias das administracións públicas de Galicia. O Servizo Galego de Saúde. A estrutura organizativa de xestión integrada: disposicións que a regulan.

Tema 5. O Estatuto marco do persoal estatutario dos servizos de saúde: clasificación do persoal estatutario. Dereitos e deberes. Retribucións. Xornada de traballo. Situacións do persoal estatutario. Réxime disciplinario. Incompatibilidades. Representación, participación e negociación colectiva.

Tema 6. O persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde: réxime de provisión e selección de prazas.

Tema 7. Regulamento (UE) 2016/679, 27 de abril, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento dos datos persoais e á libre circulación destes datos. Principios e dereitos. Obregas. A Lei Galega. A Lei galega 3/2001, do 28 de maio, reguladora do consentimento informado e da historia clínica dos pacientes.

Tema 8. A Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais: capítulos I, II, III e V. Principais riscos e medidas de prevención nas IISS. Lei Orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero. Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.  Lexislación sobre igualdade de mulleres e homes: a súa aplicación nos distintos ámbitos da función pública.

Os textos legais serán os vixentes na data da publicación no Diario Oficial de Galicia da resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde pola que se nomean os tribunais de cualificación.

• Parte específica.

Tema 1. Asistencia sanitaria: obxecto e feitos causantes. Beneficiarios. Prestacións médicas e farmacéuticas. Modalidades da prestación médica. A participación dos beneficiarios no prezo dos medicamentos.

Tema 2. Principios fundamentais da bioética: dilemas éticos. O segredo profesional: concepto e regulación xurídica. O consentimento informado. Os dereitos de información sanitaria, intimidade e o respecto da autonomía do paciente.

Tema 3. Calidade no Sistema nacional de saúde: características da atención sanitaria. Dimensións de calidade: científico-técnica, efectividade, eficiencia, accesibilidade e satisfacción do usuario. Avaliación de estrutura, proceso e resultados. Mellora continua da calidade. Métodos de avaliación da calidade: auditorías. Programas de calidade: deseño e implantación.

Tema 4. Metodoloxía de investigación: técnicas cuantitativas e cualitativas. Estrutura metodolóxica dun traballo científico. Fontes de datos. Investigación básica: estudos de identificación e priorización de problemas. Investigación aplicada: estudos descritivos e analíticos dos diagnósticos utilizados, estudos de procesos e resultado.

Tema 5. Epidemioloxía: concepto. O método epidemiolóxico. Enfermidades transmisibles de maior incidencia na poboación galega: tipos e características. Sistema nacional de vixilancia epidemiolóxica. Enfermidades de declaración obrigatoria.

Tema 6. Demografía sanitaria. Indicadores demográficos e a súa utilidade para o traballo: natalidade, fecundidade, mortalidade, migracións, crecemento vexetativo.

Tema 7. Saúde pública: concepto. Saúde e enfermidade: concepto. Indicadores de saúde por idade e sexo: morbilidade, mortalidade, letalidade e esperanza de vida. Principais problemas de saúde na poboación galega actual. Elementos de priorización: magnitude, transcendencia, vulnerabilidade e custo.

Tema 8. Técnicas e habilidades de comunicación e relación interpersoal. Traballo en equipo. Entrevista clínica. Concepto e características. Identificación de necesidades de apoio emocional e psicolóxico ao paciente, coidador principal e familia.

Tema 9. Nocións básicas de informática: concepto de procesador de textos, base de datos e correo electrónico. Intranet: concepto.

Tema 10. Xestión e planificación dos servizos sanitarios: concepto. Organización dos coidados de enfermaría en atención primaria e atención hospitalaria: centro de saúde, comunidade, hospital. Consulta de enfermaría. Coordinación entre niveis asistenciais. Carteira de servizos: concepto.

Tema 11. Atención domiciliaria: concepto e etapas da visita domiciliaria. Coordinación entre atención primaria, atención hospitalaria e servizos sociais. Programas específicos de atención domiciliaria: programas de atención a pacientes inmobilizados e terminais.

Tema 12. Marco conceptual e modelos de enfermaría: xeneralidades. Teoría das necesidades humanas: concepto. Teoría de autocoidado: concepto. Proceso de atención de enfermaría (PAE): etapas do PAE. Plan de coidados enfermeiros: concepto e estrutura. Diagnósticos de enfermaría: concepto e tipos de taxonomía.

Tema 13. Sistemas de información utilizados en atención primaria e atención hospitalaria: historia clínica. Rexistros específicos de actividade de enfermaría en atención primaria e atención hospitalaria. Informe de enfermaría no momento da alta hospitalaria o do ingreso. Clasificacións internacionais de problemas de saúde (CIAP-2, CIE-9 e NANDA): características xerais.

Tema 14. Prevención da enfermidade e promoción da saúde: concepto. Detección precoz de problemas de saúde: concepto. Programas de saúde: definición. Factores de risco para a saúde nas distintas etapas da vida (infancia, adolescencia, adulto e ancián): identificación de factores de risco e coidados de enfermaría. Inmunizacións: concepto. Clasificación e tipos de vacinas. Contraindicacións. Complicacións. Conservación, administración e pautas de vacinación.

Tema 15. A educación para a saúde individual, grupal e comunitaria: concepto, metodoloxía e técnicas didácticas. Técnicas de educación para a saúde para o fomento do autocoidado e promoción da saúde do paciente, coidador principal e familia.

Tema 16. Hixiene en centros sanitarios: conceptos xerais. Antisépticos. Desinfectantes. Esterilización. O servizo de esterilización. Preparación e tipos de material para esterilizar, métodos de esterilización. Manipulación e conservación do material estéril. Infección nosocomial. Medidas preventivas. Illamento hospitalario: concepto, tipos e descrición. Xestión de residuos sanitarios.

Tema 17. (Psicología): Desenvolvemento da conducta humana: etapas do desenvolvemento. Tipos de personalidade. Hábitos. Motivación. Factores socioculturais: a súa incidencia na saúde. O hospital e os problemas psicosociais e de adaptación do paciente hospitalizado. Valoración de enfermaría do comportamento humano e a súa aplicación nos coidados de enfermaría.

Tema 18. Sexualidade. Reprodución. Métodos anticonceptivos. Menopausa. Prevención de enfermidades de transmisión sexual. Interrupción voluntaria do embarazo.

Tema 19. Valoración e coidados de enfermaría na muller xestante: eliminación, hixiene e cambios fisiolóxicos. Educación maternal. Problemas máis frecuentes durante a xestación. Valoración e coidados de enfermaría na puérpera: cambios fisiolóxicos e psicolóxicos. Lactación natural.

Tema 20. Valoración e coidados de enfermaría do neno san de 0 a 14 anos. Probas metabólicas. Etapas do desenvolvemento infantil. Parámetros de desenvolvemento e crecemento. Resposta evolutiva. Medidas para o fomento da saúde nas diferentes etapas: hixiene, alimentación e nutrición, dentición. Hixiene e saúde bucodental: prevención da carie. Prevención de accidentes infantís. Detección de malos tratos. Vacinación na infancia.

Tema 21. Valoración e coidados de enfermaría do neno enfermo. Neonato de baixo peso e prematuro. Crises convulsivas nos nenos. Insuficiencia respiratoria aguda. Problemas gastrointestinais agudos. Deshidratación. Outros problemas máis frecuentes. Procedementos e técnicas de enfermaría. Problemas derivados do ingreso do neno no hospital.

Tema 22. Valoración e coidados de enfermaría nos pacientes con procesos infectocontaxiosos: hepatite, tuberculose, SIDA e meninxite. Outros procesos infecciosos. Procedementos e técnicas de enfermaría. Medidas de prevención e control.

Tema 23. Valoración e coidados de enfermaría no ancián. Principais cambios no proceso de envellecemento: fisiolóxicos, psicolóxicos e sociais. Prevención de accidentes e deterioración cognitiva. Hábitos dietéticos. Orientación para o autocoidado. Principais problemas. Valoración da situación familiar e social.

Tema 24. Valoración e coidados de enfermaría no enfermo terminal. Principais problemas. Dor: características e escalas de medida. Dó: tipo e manifestacións. Apoio ao coidador principal e familia.

Tema 25. Valoración e coidados de enfermaría ás persoas con problemas de saúde mental: Alzheimer e outras demencias. Outras alteracións psíquicas. Prevención e control ante o risco do suicidio. Valoración da situación familiar e social. O apoio ao coidador principal e familia. Drogodependencias. Plan de transtornos adictivos de Galicia.

Tema 26. Valoración e coidados de enfermaría ante situacións críticas: politraumatizados, queimados, shock, intoxicacións. Parada cardiorrespiratoria: definicións e medidas de actuación. Reanimación cardiopulmonar básica e avanzada. Urxencias e emerxencias: concepto.

Tema 27. Clasificación xeral dos medicamentos. Absorción e eliminación dos fármacos. Toxicidade e efectos colaterais. Farmacovixilancia. Condicións de conservación dos medicamentos.

Tema 28. Administración de medicamentos. Precaucións previas á administración dun fármaco. Vías de administración: definición e tipos. Puntos de elección, técnicas e problemas máis frecuentes. Cálculo de doses.

Tema 29. Alimentación e nutrición: concepto e diferenciación. Clasificación dos alimentos. Elaboración de dietas. Dietas terapéuticas. Valoración e coidados de enfermaría en persoas con problemas de desnutrición, deshidratación, anorexia, bulimia, obesidade e sobrepeso.

Tema 30. Valoración e coidados de enfermaría en persoas con nutrición enteral e parenteral. Técnicas de administración. Protocolos de actuación.

Tema 31. Valoración e coidados de enfermaría en persoas con problemas neurolóxicos: accidente cerebrovascular, epilepsia. Outros problemas do sistema nervioso. Procedementos e técnicas de enfermaría.

Tema 32. Valoración e coidados de enfermaría en persoas con problemas respiratorios: insuficiencia respiratoria aguda, enfermidade pulmonar obstrutiva crónica. Outros problemas broncopulmonares. Procedementos de enfermaría: oxixenoterapia e outras técnicas.

Tema 33. Valoración e coidados de enfermaría en persoas con problemas cardiovasculares: insuficiencia cardíaca, infarto de miocardio, hipertensión arterial. Outros problemas cardiovasculares. Procedementos e técnicas de enfermaría.

Tema 34. Valoración e coidados de enfermaría en persoas con problemas no sistema renal: insuficiencia renal aguda. Outros problemas renais e urolóxicos. Procedementos e técnicas de enfermaría. Cateterismo vesical: concepto, indicacións e contraindicacións da sondaxe vesical.

Tema 35. Valoración e coidados de enfermaría en persoas con problemas endocrinolóxicos: diabetes. Outros problemas. Procedementos e técnicas de enfermaría.

Tema 36. Valoración e coidados de enfermaría en persoas con problemas no sistema músculo-esqueléticos. Principais problemas do aparello locomotor. Procedementos de enfermaría: vendaxes, inmobilizacións e outras técnicas.

Tema 37. Valoración e coidados de enfermería en persoas con problemas gastrointestinais: abdome agudo, úlcera gastroduodenal. Outros problemas gastrointestinais. Procedementos e técnicas de enfermaría.

Tema 38. Valoración e coidados de enfermaría en persoas con problemas dos órganos dos sentidos: principais problemas. Procedementos e técnicas de enfermaría.

Tema 39. Valoración e coidados de enfermaría en persoas con problemas oncolóxicos: principais problemas. Procedementos e técnicas de enfermaría. Medicamentos antineoplásicos: clasificación e efectos secundarios. Medicamentos coadxuvantes. Manipulación de medicamentos citostáticos.

Tema 40. Valoración e coidados de enfermaría do paciente cirúrxico: preoperatorio, intraoperatorio e poscirúrxico. Cirurxía maior ambulatoria e cirurxía menor en atención prima- ria. Procedementos de enfermaría: drenaxes, curas e outras técnicas.

Tema 41. Valoración e coidados de enfermaría nas feridas crónicas e agudas (úlceras por presión, lesións cutáneas por humidade, úlceras en membros inferiores, úlceras neoplásicas, feridas traumáticas, queimaduras, cirúrxicas): concepto, factores de risco, localización. Procesos de formación e estadios. Escalas de valoración de risco. Medidas de prevención e tratamento.